viernes, 6 de abril de 2018

Recepción do alumnado francés

A semana anterior a Semana Santa tivemos a sorte de recibir no noso centro ao Lycée Jeanne d´Arc à Pontivy. Con este centro estamos desenvolvendo un intercambio que vai levar, a próxima semana, a trinta rapaces e rapazas do IES Afonso X O Sabio a Francia.

Xa iremos contando novas sobre o Intercambio, de momento deixamos algunhas imaxes que ilustran o ben que o pasamos cando viñeron eles...seguro que aos nosos tamén llo fan pasar moi ben a próxima semana. ¡Moi boa viaxe!





0 comentarios:

Publicar un comentario