miércoles, 29 de noviembre de 2017

Visita a Pull&Bear

O pasado venres día 10 de novembro o departamento de administrativo organizou unha visita a Pull&Bear para o alumnado de ciclos.

Deixamos aquí a información e un pequeno resumo do acontecido. Moitas grazas ao departamento por organizar esta actividade.

Presentación

jueves, 23 de noviembre de 2017

Samaín no IES Afonso X O Sabio

Para celebrar o Samaín, desde o equipo de normalización lingüística do IES Afonso X O Sabio convocamos un concurso de decoración de portas para as clases de 1º ESO. 

Todos os grupos participaron moi activamente, decorando terroríficamente o noso instituto. Tras unha dura deliberación, o xurado composto por 10 membros do profesorado e 10 membros do alumnado deron como gañadora a porta de 1º ESO C. Parabéns á clase gañadora! Poderán pasalo de medo nunha merenda que se lles ofrecerá na cafetería do insti. 

Aquí podedes ver a tenebrosa decoración gañadora.
Moitas grazas a todas os grupos participantes, así como ao xurado deliberador. Ata o próximo ano!

lunes, 20 de noviembre de 2017

Actividade de inglés no noso centro


O pasado venres, no salón de actos do noso centro, o departamento de Inglés organizou, en colaboración coa editorial Burlington, unha actividade dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.

Co título de On the road with Tammy, o alumnado puido "viaxar", da man de Tammy, unha muller de Nova York, a través de distintos aspectos culturais americanos.

O alumnado foi quen de participar grazas ao diálogo coa relatora, quen ía preguntando diferentes cuestións aos rapaces e recibían un premio -un bolígrafo- se daban a resposta correcta. A sesión resultou ser moi entretida e os nosos e as nosas estudantes tiveron que utilizar toda a súa competencia en comunicación oral en lingua inglesa.

Esperamos que, a través desta actividade, o alumnado sinta todavía máis ganas de aprender, utilizar e vivir o seu inglés. Desde aquí moitas grazas ao departamento de lingua inglesa por organizar esta actividade.




domingo, 19 de noviembre de 2017

Visita á Voz de Galicia e á Biblioteca González Garcés

O pasado martes, 14 de novembro, o noso alumnado de 2ºESO que cursa a materia de Investigación e tratamento da Información visitou as instalacións da Voz de Galicia. Puideron así ver cómo se fai un periódico, ver o museo, a sala de redacción e o almacén. Desde logo, tiveron un gran exemplo práctico do tratamento e investigación da información. 

Posteriormente visitaron a Biblioteca González Garcés, onde recibiron unha charla sobre a mesma e puideron ver os depósitos, a hemeroteca e a sala de lectura. Aquí puideron aprender cómo son os procedementos para levar o control dos libros.









Queremos agradecer a labor das compañeiras de Lingua castelá e literatura por organizar e levar a cabo a actividade.

lunes, 6 de noviembre de 2017

Actuación de Aldaolado no noso instituto

Un ano máis, o pasado mércores 11 de outubro contamos coa presenza das poetas María Lado e Lucía Aldao no noso instituto. Nesta ocasión presentaron "AldaoLado", un estupendo recital musical para todo o alumnado de 1º de Bacharelato, organizado polo EDLG. 
Ao longo da actuación puidemos coñecer un pouco máis da súa obra poética, que entre  acordes de guitarra, risos e sorrisos nos foron achegando. Mesmo conseguiron que entre tod@s @s presentes elaborasemos un fantástico poema colectivo. Desfrutamos moito do espectáculo e despedímonos até a próxima.






Aquí deixamos un vídeo que ilustra parte do vivido polos nosos e as nosas estudantes:



E para recordar algúns dos momentos estelares de antigos espectáculos, a súa MARABILLOSA explicación da colocación dos pronomes

Porque somos poetas... máis triste é roubar.

Queridas María Lado e Lucía Aldao, benvidas seredes sempre no IES Afonso X O Sabio.

viernes, 3 de noviembre de 2017

Asistencia ao Teatro Colón

O pasado martes 31 de outubro, todo o alumnado de 4ºESO tivo a oportunidade de asistir á representación do Don Juan Tenorio de Zorrilla, como marca a tradición, en véspera de todos os santos.


O alumnado estaba moi nervioso antes de empezar, moitos comentaban que xusto estaban estudando o Romanticismo en Literatura española...


Levamos a tantos rapaces que ocupabamos un lateral completo do Teatro, o alumnado calou xusto ao abrirse o telón.


A compañía Noite Bohemia representou varias escenas da inmortal obra de Zorrilla. Todos os estudantes aplaudían nestes intres e preguntaban algunhas cuestións do texto e da dramaturxia... Por qué se moven as estatuas?

Ao final, mentres desaloxaban o Teatro Colón puidemos comentar algúns aspectos da obra. Hoxe, en clase, incluso valoramos levemente as diferencias de final entre a obra de Zorrilla e algunhas revisións do mito precedentes. Na versión de Zorrilla, Doña Inés redime dos seus pecados ao Don Juan... pero noutras versións anteriores o final é algo diferente...queredes velo?