viernes, 30 de junio de 2017

O alumnado de Cultura Científica anima o noso centro



No último trimestre, o departamento de Bioloxía realizou unha serie de actividades de cara a concienciar aos nosos rapaces e rapazas sobre diferentes aspectos da ecoloxía, medio ambiente e da divulgación.

Por unha parte, o alumnado de Cultura Científica (4ºESO) puido colaborar na exposición Real Expedición Filantrópica de la Vacuna, que estivo no noso centro durante a Semana Mundial da Inmunización, do 24 ao 30 de Abril. Nesta ocasión participaron como monitores (que explicaron a exposición ao alumnado de 1ºESO) o alumnado de Cultura Científica (4ºESO), no seu labor de transmisores de información de interese científico.






Por outra banda, o pasado 5 de xuño tivo lugar o acto de entrega de premios do XI Concurso Fotográfico organizado e convocado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os gañadores deste ano foron Álvaro Ces, de 4ºESO (1º premio) e Iena Fachal de 1ºESO (2º premio). A entrega de premios sempre a facemos o día 5 de xuño para conmemorar o día mundial do medio ambiente.

Por último, debemos recordar tamén o estupendo obradoiro de reciclaxe de papel que tivo lugar durante a primeira semana de xuño (tamén para recordar a importancia da reciclaxe para protexer o noso medio ambiente). Neste obradoiro participaron estudantes de diversos niveis (80) e, outra vez, os nosos divulgadores profesionais, o alumnado de 4ºESO de cultura científica, foron os monitores do alumnado máis pequeno. Algúns rapaces fixeron auténticas marabillas, que por suposto levaron para casa unha vez secas as súas láminas.... "Coas mans na pasta...de papel"


Moitas grazas ao profesorado de Bioloxía e Xeoloxía e ao seu alumnado por insistir no noso alumnado sobre a importancia da reciclaxe e do coidado do medio ambiente.

viernes, 16 de junio de 2017

Concerto aberto á comunidade educativa

Como parte das actividades de fin de curso, hoxe o departamento de Música organizou un concerto para toda a comunidade educativa no hall do noso instituto.

O concerto, no que participou alumnado de 2ºESO, 4ºESO e 1ºBacharelato, foi moi variado, destacando a variedade de instrumentos.

Esta xornada, que para o noso instituto é moi festiva, é só unha mostra do traballo que fan os rapaces e as rapazas en clase.

Agradecemos especialmente a implicación de pais, nais e, sobre todo, do noso alumnado, que axudou a montar e desmontar como auténticos músicos profesionais. Ademais de ensaiar duramente para prepararse para o día de hoxe.







Finalmente, queremos incidir tamén na nosa gratitude pola colaboración de Susana Vicente, a nosa xefa de estudos, quen non só é unha boa seguidora dos nosos concertos, senón tamén nos axuda sempre coa montaxe e desmontaxe.

viernes, 2 de junio de 2017

Excursión ao Espazo Natural Encoro Abegondo-Cecebre

O pasado mes de abril, os días 19, 20 e 21. O alumnado de 1º ESO visitou o Espazo Natural  Encoro Abegondo-Cecebre .
Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Educación Física e Bioloxía e Xeoloxía; nela, os nosos estudantes máis pequenos puideron acudir á aula de natureza, a un centro de anelamento e tamén camiñaron todo un roteiro de 7 km con dúas guías.

O alumnado quedou moi contento, xa que inda que o teñen cerca non é habitual que saian e disfruten da natureza. Agora xa coñecen este pequeno paraíso que teñen tan preto de casa para poder desfrutalo calquera rato libre.





Desde aquí o noso agradecemento aos departamentos implicados e ao alumnado, por axudarnos a desfrutar moito con estas actividades!.