miércoles, 24 de mayo de 2017

Elefante Elegante no IES Afonso X O Sabio

Onte tivemos a sorte de recibir a visita de María Torres, da compañía de teatro físico Elefante Elegante. Esta compañía, que recentemente recibiu o premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil coa obra Danza da choiva, acudiu ao noso instituto para realizar un obradoiro de teatro físico co noso alumnado do grupo de teatro e da materia de Artes Escénicas e Danza.

Hai uns meses, o noso alumnado puido acudir a ver a Elefante Elegante co seu espectáculo Kassa, pero agora tiveron a oportunidade de coñecer á actriz na súa faceta pedagóxica.

O obradoiro partiu da reflexión sobre algúns achegamentos que podemos facer á acción teatral e, posteriormente, comezamos a facer xogos para traballar a nosa expresión corporal.










Desde aquí queremos agradecer o traballo de María Torres pero sobre todo o do noso compañeiro ManuelSánchez, quen leva ensaiando todos os mércores pola tarde co noso incondicional grupo de teatro, con alumnado de 1º, 3º, 4ºESO e 1ºBACH.

Vémonos nos teatros!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario