miércoles, 24 de mayo de 2017

Elefante Elegante no IES Afonso X O Sabio

Onte tivemos a sorte de recibir a visita de María Torres, da compañía de teatro físico Elefante Elegante. Esta compañía, que recentemente recibiu o premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil coa obra Danza da choiva, acudiu ao noso instituto para realizar un obradoiro de teatro físico co noso alumnado do grupo de teatro e da materia de Artes Escénicas e Danza.

Hai uns meses, o noso alumnado puido acudir a ver a Elefante Elegante co seu espectáculo Kassa, pero agora tiveron a oportunidade de coñecer á actriz na súa faceta pedagóxica.

O obradoiro partiu da reflexión sobre algúns achegamentos que podemos facer á acción teatral e, posteriormente, comezamos a facer xogos para traballar a nosa expresión corporal.










Desde aquí queremos agradecer o traballo de María Torres pero sobre todo o do noso compañeiro ManuelSánchez, quen leva ensaiando todos os mércores pola tarde co noso incondicional grupo de teatro, con alumnado de 1º, 3º, 4ºESO e 1ºBACH.

Vémonos nos teatros!!!

martes, 16 de mayo de 2017

Videoclip Chea de vida!

E finalmente saiu, o videoclip que se gravou con outros 1000 rapaces en Navantia, Ramón Bermejo e Guadi Galego.

A seguir disfrutando!!!

Adxuntamos as palabras de Ramón Bermejo, director do supercoro:
Querid@s profes,
Con este vídeo que agora veredes queda o traballo rematado, e creo que podémonos sentir máis que orgullos@s do que fixemos. Sinceiramente, isto era o que eu tiña na cabeza cando volo propuxen, e tiven a grandísima sorte de poder contar coa xente adecuada para levalo a cabo. 
A miña intención sempre foi poñer nun lugar ben alto o traballo que facedes para manter a música viva nas escolas, e creo que neste vídeo iso vai quedar moi claro. O resultado final é pricipalmente froito do esforzo e ilusión que puxestes tanto vós como @s nen@s en todo o proceso. Creo que nunca participei en algo tan bonito. A ver se seguimos facendo cousas lindas como esta.
De corazón, gracias!!!
Ramón Bermejo



Toda a comunidade do IES Afonso X O Sabio agradece a oportunidade de participar neste evento.

lunes, 15 de mayo de 2017

Cheísimos de vida!!!

O pasado xoves vivimos unha experiencia súper emocionante. O alumnado que pertence ao coro do IES Afonso X O Sabio participou nunha gravación da canción Chea de vida de Guadi Galego, xunto coa mesma cantante e o seu guitarrista. Entre todos fixeron un coro de máis de 1000 estudantes das zonas de Ferrolterra e A Coruña.

O noso alumnado non só tivo a experiencia de facer unha gravación e coñecer a unha cantante tan recoñecida como Guadi Galego, se non que tamén puideron cantar con outras 1000 persoas co sentimento único que é facer música todos xuntos e xuntas para obter, ao final, unha única voz que cantaba moi forte que estamos cheos de vida!!!

A acción saiu en varios medios e, próximamente, editarase un vídeo que poderemos expoñer aquí, coa gravación final do audio.

Estamos moi orgullosas e orgullosos dos nosos estudantes, que ensaiaron con moita ilusión e, á volta, só pedían seguir cantando.
Nós quedámonos coa fabulosa Guadi Galego, enxugando as súas bágoas que, tras asinar autógrafos e facerse fotos cos nosos estudantes dicíalle ás profesoras do IES Afonso X O Sabio: "é o momento máis bonito da miña vida".


Aquí adxuntamos algunhas imaxes e un vídeo provisional en Navantia:








Aquí un resumo do que apareceu nos medios (tanto de televisión como de prensa escrita), tamén pódese encontrar información en todo tipo de redes sociais:
TVG
TVG serán
Cultura
El correo gallego
Fotos, El correo gallego
Ferrol360 Previo
Ferrol360
La voz
Vtv
Diario de Ferrol PrevioPrevio 2
Diario de Ferrol
Galicia Ártabra
Diario de Arousa
Xunta

Información doutros centros:
Biblioteca CEIP de Pazos
CPI San Sadurniño
Colexio Jesús Maestro

Noraboa ao noso coro, levamos pouco tempo pero con moita ilusión!!! E desde aquí mandamos uns parabéns inda maiores a Sordo, asesor do CFR de Ferrol, ao propio CFR e, por suposto, a Ramón Bermejo e a Guadi Galego.
Moitas grazas.


miércoles, 10 de mayo de 2017

Abril Ilustrado

Durante o pasado mes de abril as profesoras de Debuxo do IES Afonso X O Sabio estiveron facendo, en colaboración co concello de Cambre, unha serie de interesantísimos obradoiros sobre banda deseñada con profesionais ilustradores.
A esta actividade acudiu todo o alumnado de 3ºESO  e 1ºBacharelato da materia de debuxo artístico. Desde aquí agradecer o traballo das profesoras, o interese do alumnado e a fantástica colaboración co Concello, que permite que cada ano o alumnado poida pasalo ben e aprender nestes obradoiros.



Charla-coloquio co Xuíz de violencia de xénero



Mañá  xoves, día 11 de maio, sobre as 17:00 da tarde, no salón de actos do noso instituto, terá lugar unha conferencia bilingüe (en castelán e inglés) impartida polo xuíz especialista en violencia de xénero Miguel A. Filgueira Bouza.

A conferencia desenvolverase nun formato que potenciará o diálogo, polo que invitamos a todo o alumnado, profesorado, pais, nais e todo aquel interesado no tema.

Desde aquí queremos agradecer a colaboración co xuíz e con toda a nosa comunidade educativa.