miércoles, 26 de abril de 2017

Día de Rosalía

O 24 de febreiro, día de Rosalía, celebramos o 125 aniversario do seu nacemento cunha lectura poética nas aulas.
Parte do alumnado de 4º C visitou as aulas dos outros cursos para recitarlles poemas da autora e nalgún caso mesmo acompañados de guitarra acompañaron de música a poesía. Tamén se repartiron orixininais autocolantes con imaxes da poeta.







domingo, 23 de abril de 2017

Certame de artigos xornalísticos Carlos Casares

A ANPA Castelao e o IES Afonso X O Sabio organizan este certame de Artigos xornalísticos para todo o alumnado da ESO e Bacharelato de Galicia.

Agradecemos a participiación e a difusión máxima do certame, entregarase un premio de 150€ por cada ciclo, incluiránse ademais lotes de libros de Carlos Casares e posibles accésits.


domingo, 9 de abril de 2017

Obradoiro de voz para o alumnado de 6º de primaria

Os pasados días 30 e 31 de marzo tivo lugar, no noso centro, outra actividade do proxecto "Afonso a escena", que consistiu nun obradoiro de voz e canto para o alumnado de 6º de primaria dos colexios adscritos ao IES Afonso X O Sabio: CEIP O Graxal, CEIP Portofaro e CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

O alumnado de 6º de primaria acudiu moi nervioso e excitado ao que, para moitos, será o seu próximo centro educativo o próximo curso, tiveron a oportunidade de coñecer a algún dos seus futuros docentes e, o máis importante de todo, puideron realizar un obradoiro de voz co gran Ramón Bermejo, director do Coro da Ra e profesor de canto de recoñecido prestixio.

Grazas á xenerosidade de Ramón fixemos 7 obradoiros para o alumnado de 6º de primaria, así como puidemos dedicar unha sesión para o alumnado de secundaria integrante do recentemente creado Coro do IES Afonso X O Sabio.

Desde aquí agradecer sinceramente a actitude de todos os rapaces e rapazas, os profesores e as profesoras dos colexios implicados (especialmente as fabulosas mestras de música coas que é sempre un absoluto placer traballar) e, sobre todo, de Ramón. Vémonos en xuño cando os colexios volten outra vez ao noso IES, esperarémosvos cos brazos abertos para seguir facendo música, aprendendo e divertíndonos moito.







E tamén temos imaxes deste miniobradoiro para o Coro do IES Afonso X O Sabio




domingo, 2 de abril de 2017

XVII Festival de Teatro Grecolatino


   No marco do XVII Festival de Teatro Grecolatino, o pasado mércores 22 de marzo, os alumnos e as alumnas de 1º e 2º Bacharelato de Latín e Grego, acudiron á Coruña para asistir no Teatro Colón á representación da traxedia grega Medea de Eurípides.

   A compañía teatral “El Ruiseñor” da Coruña mostrou nesta obra a desmesura nos sentimentos de amor – desamor na figura de Medea ao ser repudiada polo seu esposo. 



Desde aquí agradecemos especialmente a organización do departamento de Latín e Grego porque o alumnado disfrutou moito desta forma de achegarse ao teatro clásico e á mitoloxía que estudan cotidianamente en clase.

sábado, 1 de abril de 2017

Sergio Moure no IES Afonso X O Sabio

O pasado mércores pola mañá tivemos no Afonso X unha visita moi especial dun profesional de recoñecido prestixio, o compositor Sergio Moure.

Este compositor, especializado en compoñer música para imaxe, falounos de cómo é o proceso, en si desde un punto de vista profesional.

A charla versou sobre cómo se adecúa a música ás distintas escenas, reflexionando sobre o papel do compositor que, ao final, traballa co director para tomar as decisións finais. Tamén se tratou o tema do procedemento de composición en si, que básicamente permite traballar sobre o guión da película ou ben sobre a montaxe da película xa rematada.
Por outra banda, debatimos sobre o propio proceso de gravación, cómo se grava cunhas orquestras e outras; cales son as mellores orquestras para gravar, canto tempo de traballo leva gravar uns minutos de música e, xa a un nivel máis distendido, sobre as condicións laborais das distintas orquestras coas que se traballa en bandas sonoras -desde a máis recoñecida, London Symphony, pasando polas orquestras españolas, pero tamén as orquestras que na actualidade gravan a maioría das bandas sonoras, as orquestras do leste de Europa-.
Por último, unha vez que está toda a banda sonora gravada, Sergio contounos cómo se inserta a mesma co resto do son dunha película: diálogous ou son ambiental.

 O alumnado asistente era o alumnado de linguaxe e práctica musical de 1ºBacharelato e o alumnado de música e artes escénicas de 4ºESO, que puideron achegarse ao mundo do cine de primeira man por parte dun veciño noso que traballa con algunhas das primeiras figuras do cine e da TV nacional e que foi nominado a un Goya.



Esta actividade forma parte do proxecto Afonso a escena!