martes, 22 de noviembre de 2016

Obradoiro "Uso seguro e responsable das TIC"

O pasado martes 15 de novembro, no noso instituto, tivo lugar dentro do marco do proxecto Abalar e E-Dixgal, unha charla dirixida a estudantes e docentes sobre o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías.

Os obradoiros tiveron dúas horas de duración. O obradoiro dirixido aos e ás estudantes de FPB desenvolveuse no salón de actos en horario escolar, mentres que o obradoiro para docentes realizouse despois das clases da tarde, rematando ás 20:30. Grazas a esta formación puidemos coñecer diversos recursos e materiais, pero tamén reflexionamos sobre os usos e problemáticas máis habituais na Rede.

Esta actividade enmárcase dentro das actividades que se están facendo para mellorar a alfabetización dixital do alumnado e do profesorado do IES Afonso X O Sabio. Próximamente comezará o Plan de Formación permanente no noso centro (PFPP), que desenvolverá un itinerario centrado nas novas tecnoloxías e outro itinerario centrado no fomento dos programas europeos, que inclúe formación en convivencia e mediación.

sábado, 12 de noviembre de 2016

Intercentros no IES David Buján

O pasado xoves parte do noso alumnado de 1º de Bacharelato puido reunirse co alumnado de 1º de Bacharelato do outro instituto de Cambre, o IES David Buján e con alumnado de intercambio de Holanda.

O intercentros consistiu na participación en diversos deportes de equipo, nos que o pasamos moi ben dándose continuas mostras de deportividade e xogo limpo. Os encontros acabaron coas victorias repartidas, buscándose sempre o bo humor e desfrutar de facer deporte todos xuntos.

O resultado final deixou a victoria para o IES David Buján por unha marxe moi estreita (de dous puntos en ambas categorías), o que amosa que os encontros foron moi desputados e houbo moita intriga ata o final.

A xornada foi, en resumo, un bo día de convivencia á cal ademais sumáronse estudantes estranxeiros, o que favoreceu que se utilizasen as linguas estranxeiras para comunicarse.

O noso agradecemento a todos os docentes e estudantes implicados e unha grande saúda ao noso instituto irmán o David Buján.

.




A xornada enmárcase dentro das actividades do noso centro para o proxecto XOGADE, así como o Proxecto Deportivo de Centro.