jueves, 27 de octubre de 2016

Kassa de Elefante Elegante

Hoxe, o noso alumnado tivo a gran sorte de poder acudir a unha representación do espectáculo Kassa, da compañía de teatro físico "Elefante Elegante".
Ao evento acudiron, moi nerviosos e nerviosas, estudantes das materias de Música e de Artes escénicas e Danza de 4ºESO e, a verdade, inda que foi a primeira experiencia de teatro para moitos e moitas, pasámolo fenomenal. A única mágoa foi que esperabamos ter tempo para "charlar" cos artistas e non deu tempo, tivemos que voltar correndo á última clase da mañá. Haberá que traelos ao noso centro!

A obra inspírase na Metamorfose de Kafka e reflexiona sobre as ilusións que temos na vida, cómo o que soñamos pode cambiar da noite á mañá e, sobre todo, achéganos moi preto ao drama dos desafiuzamentos. En Kassa puidemos disfrutar de musica, cancións, audiovisuais, expresión corporal, danza e ata malabares!!! foi un grande privilexio e... que viva o teatro

O Elefante Elegante é unha compañía de teatro con máis de 15 anos de experiencia que crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento. A compañía ten a súa base en Culleredo, polo que é frecuente que fagan representacións na nosa zona.

lunes, 17 de octubre de 2016

Going on Vacation Vs Going on Holidays

A semana pasada o noso alumnado disfrutou dunha actividade organizada polo departamento de Inglés dirixida aos rapaces e ás rapazas de 3º e 4ºESO. A actividade consistiu nuns obradoiros, en clave de humor, sobre as diferenzas entre o inglés británico e o norteamericano. A animadora conseguiu que o alumnado participase de moi boa gana e, tras o remate de cada obradoiro, tivemos un "feedback" moi positivo, xa que o alumnado só quería máis. Aquí deixamos algunhas imaxes para recordar o momento... H

viernes, 7 de octubre de 2016

Inaugurado o curso 2016/2017

Tras o inicio da actividade académica, só quedaba o inicio das nosas actividades complementarias e extraescolares. Esta mañá o alumnado do noso centro puido acudir a un concerto do Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa en Galicia, celebrado no noso Salón de Actos. Grazas a esta colaboración tivemos duas interpretacións dos fineses Jouni Koskimäkï e a Highregister Orchestra.
Por mor do tamaño do noso pequeno auditorio, foi imposible que acudise todo o alumnado, a pesares de que se fixeron dous concertos, porén puideron asistir todos os rapaces e rapazas de 2ESO e os que a escolleron como optativa en 4ESO, 1BACH e 2BACH. Esperamos que fose moi entretido e que o alumnado disfrutase moito e...que se anime a achegarse aos outros concertos do Encontro!.