miércoles, 28 de septiembre de 2016

Concerto de música do Encontro de Música de Pulso e Púa en Galicia

O próximo día 7 de outubro xa comezamos coas actividades complementarias no noso centro educativo. O IES Afonso X O Sabio participa no Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa en Galicia, grazas a esta colaboración realizaremos dous concertos que interpretarán os fineses Jouni Koskimäkï e a Highregister Orchestra. Ademais deste concerto, o Encontro dura máis días e haberá concertos desde o día 5 de outubro ata o 9 en diversas localidades do noso entorno (por exemplo, o mesmo 7 de outubro, ás 20:30, na Igrexa Santa María de Cambre) así que, animamos desde aquí a consultar o programa e asistir aos conertos que terán lugar en Oleiros, Cambre, A Coruña e Betanzos. Moi bo inicio de curso a toda a nosa comunidade educativa.

jueves, 22 de septiembre de 2016

Inicio de curso 2016-2017

Bo día a toda a comunidade educativa... estamos iniciando o curso moi aos poucos, pero xa organizando as actividades deste curso que acaba de comezar. En breve engadiremos a normativa das actividades extraescolares e información de interese para pais e nais, así coma comezaremos xa a mostrar algunhas das actividades que se están a facer no noso centro. Aquí vos deixamos unha imaxe de arquivo de hai uns tres anos da última pregoneira das festas de A Coruña deste ano 2016, a nosa querida alumna Sofía Toro Prieto-Puga, exalumna do centro e campiona olímpica de vela en Londres 2012, diante do noso pavillón de deportes "Sofía Toro Prieto-Puga".