miércoles, 20 de abril de 2016

Afonso a escena!!!!

Durante as últimas semanas comezamos as actividades programadas dentro o proxecto Afonso a escea, que engloba distintas actividades relacionadas coa música e as artes escénicas para rapaces do noso concello.

O mércores 6 de abril tivemos a oportunidade de desfrutar dun obradoiro de Blues coa The Big Lis Gumbo Band... unha estupenda actividade para traballar a improvisación e a creatividade á vez que reflexionamos sobre a loita polos movementos civís. Nesta actividade puideron participar os rapaces e as rapazas que teñen música en 4ºESO  e 1ºBACH.




O pasado luns día 18 recibimos ao alumnado de 6º de primaria dos CEIP Portofaro e Graxal, que realizaron un obradoiro de Percusión con refugallo da que saíron entusiasmados. Non só aprenderon sobre percusión, senón que tamén probaron a facer música co seu propio corpo e tamén con obxectos reutilizados. Finalmente, reflexionamos todos xuntos sobre a necesidade de reciclar para coidar e manter o noso entorno.






Paralelamente, o alumnado do IES Afonso X O Sabio está a traballar nun pequeno grupo de teatro. Grazas ao seu profesor a próxima semana acudirán ao Teatro Colón de A Coruña.

jueves, 7 de abril de 2016

O mar e a costa, recursos valiosos para todos. Visita ao monumento natural costa Dexo-Serantes



Os pasados días 16 e 17 de marzo, o alumnado de 3ºESO do noso instituto, puido disfrutar dunha actividade organizada polos departamentos de Bioloxía e Educación Física pola costa Dexo-Serantes.

Entre os obxectivos que se perseguían con esta saída estaban dar a coñecer os valores naturais e culturais da nosa costa para que os participantes adopten actitudes e comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable; e tamén analizar as problemáticas ambientais da beiramar galega, descubrir as potencialidades que para un desenvolvemento local sustentable ten a declaración dun espazo protexido e, sobre todo, buscar que o noso alumnado sexa consciente dos valores naturais e culturais que se agochan na nosa beiramar e, en concreto, no Monumento Natural Costa de Dexo - Serantes.

Entre as actividades que se fixeron estiveron a visita á Aula do Mar ( antiga vivenda do fareiro dos faros de Mera) para ver a exposición permanente, que amosa os valores naturais e patrimoniais da zona; e un roteiro polo Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes.

Moitas grazas ás profesoras por organizalo!