martes, 29 de marzo de 2016

Asistencia ao congreso LO QUE DE VERDAD IMPORTA


@s alumn@s de Bacharelato da materia de Relixión do IES Afonso X “O Sabio”, participaron no congreso que imparte a fundación LO QUE DE VERDAD IMPORTA o pasado día 16 de marzo, a cal, ten por fin promover o desenvolvemento e a difusión dos valores humanos, éticos e morais universais ao público en xeral, fundamentalmente mediante o desenvolvemento de actividades culturais.
Os relatores desta edición 2.016 na Coruña foron os seguintes:
CARMEN CORDÓN         Valores: Coraxe, Forza
Carmen é a filla maior da familia Cordón Muro, fundadora do Grupo Hospitalario Quirón e Previasa. Con 27 años, tras o tráxico secuestro do seu pai, Publio Cordón, en mans do G.R.A.P.O. negociou e lidou con terroristas intentando salvar a vida do seu pai, veu como o holding empresarial familiar  desfacíase en días e loitou contra a campaña que orquestrou o goberno de España para distraer á opinión pública sobre a verdade do secuestro. Paralelamente Carmen destacou como periodista, escritora e agora empresaria. En 2009 publicou o seu primeiro libro, coa Editorial Planeta, “Historia de un secuestro”.
LETICIA MARTÍNEZ ALCOCER     Valor: Superación
Leticia foi vítima de abuso sexual na adolescencia. O trauma acompañoulle e a condicionou durante anos, pero chegou un momento en que encontrou o xeito de afrontalo e superalo. A continuación, publicou o libro “Viaje al centro del corazón”, no que comparte ese proceso. A raíz da súa experiencia, traballa ademais para contribuír a desmontar o sistema que orixina a violencia contra as mulleres.
TOÑEJO RODRÍGUEZ     Valores: Enteireza, Superación

Antonio Rodríguez, Toñejo, parapléxico e deportista extremo. Aos dezaseis anos, empezou a súa carreira deportiva ata que un desafortunado accidente o retirou das motos, só temporalmente. A pesar de estar en cadeira de rodas, foi o primeiro español en pilotar un fórmula un do mar.


jueves, 10 de marzo de 2016

Coloquio aberto sobre a violencia de xénero

O pasado día 8 de marzo ás 17 horas, tivo lugar, no salón de actos do Instituto, un coloquio aberto sobre a violencia de xénero. Contamos coa presenza de D. Miguel Filgueira Bouza, xuiz de violencia de xénero da da Coruña. Asistiu alumnado dos dous cursos de Bacharelato, de 4º da ESO e de FPB. O acto era dende o principio aberto ás intervencións do alumnado. Tivo moito interese a confirmación dende o aspecto xudicial de moitos dos elementos que se abordan sobre o tema, como son as dificultades de denunciar das vítimas, a pasividade das persoas coñecedoras, o inicio na adolescencia de condutas entre as parellas que propician posteriormente estes comportamentos. Constatamos co xuiz como un problema que parecía que ao abordalo abertamente dende varios ángulos- xudicial, policial, educativo, asistencial, etc- entraría en vías de  solución ou de minorización non está sendo así. Desafortunadamente estanse reproducindo condutas e valores favorecedoras desta violencia, e actuación da educación, sempre imprescindible, non é suficiente para cambiar esta situación.

Grazas a esta interesante proposta que ven da Comisión de Convivencia,  a iniciativa do grupo de traballo de convivencia que ten o noso instituto.