viernes, 18 de diciembre de 2015

Actividades de Nadal


Hoxe, o último día de trimestre antes de Nadal, celebramos un día especial no noso instituto. O alumnado tivo un horario especial e organizamos distintas actividades. Houbo un concerto do alumnado de música, vimos unhas curtametraxes e unha película na biblioteca, houbo actividades deportivas nas pistas e no ximnasio e, para rematar, no salón de actos tivemos un concurso de panxoliñas e un Karaoke... ademais, a ANPA Castelao agasallou aos rapaces con doces de Nadal. O remate do día trouxo as notas ao noso alumnado.


domingo, 13 de diciembre de 2015

Ensaio xeral da Orquestra Sinfónica de Galicia


O pasado venres 11 de decembro 140 rapaces e rapazas do noso instituto tiveron a oportunidade de escoitar a Cuarta Sinfonía de Beethoven no Palacio da Ópera de A Coruña. O numeroso grupo acudiu ao ensaio xeral da orquestra, no cal non só escoitaron o ensaio, senón tamén algúns consellos do director e viron cómo traballa unha orquestra.

Nesta ocasión o director foi Jesús López Cobos, un dos máis prestixiosos director de orquestra de España e Premio Príncipe de Asturias das Artes do ano 1981.


miércoles, 9 de diciembre de 2015

Visita á Igrexa de Santa María de Cambre

O pasado venres 4 de Decembro, o alumnado da clase de 2ºBACH B do IES Afonso X O Sabio acudimos á igrexa románica de Sta María de Cambre co motivo de visualizar mellor, se cabe, os coñecementos da arte románica adquiridos nas clases de Historia da Arte. O encargado de mostrarnos a beleza e a espectacularidade desta igrexa foi Ramón Boga,un home que ademais de historiador, participa nunha agrupación política (é o concelleiro de Cultura de Cambre).
Desde o primeiro momento no que Ramón comezou falar desta obra de arte, quedei abraiado, non só pola multitude de coñecementos que tiña, senón pola súa capacidade para relacionar todas as diferentes interpretacións da igrexa.
A visita comezou coa explicación da relación entre o alzado e a planta (xa que nalgúns aspectos do alzado compártese a planta da cruz latina). Continuou coa análise das diferentes molduras decorativas das arquivoltas do arco que representaban múltiples esceas importantes da Biblia. Dende o meu punto de vista, o máis importante foi o paralelismo ao representar os dous libros que compoñen a Biblia, a primeira, na clave da arquivolta exterior, e a segunda, nas ménsulas situadas nos lados baixo o lintel da porta. 
O seguinte foi entrar na igrexa e, como é propio das igrexas románicas, a primeira visión apunta cara o altar. No seu interior atópanse diferentes programas escultóricos decorando os capiteis ou as basas. Pareceume unha visita bastante interesante, tanto desde o punto vista artístico, coma desde o punto de vista da aprendizaxe para o noso exame. Ademais esta visita facilitounos, polo menos a min, a visualización de moito vocabulario. 
Carlos Santiago Pier 2ºBACH B