lunes, 6 de noviembre de 2017

Actuación de Aldaolado no noso instituto

Un ano máis, o pasado mércores 11 de outubro contamos coa presenza das poetas María Lado e Lucía Aldao no noso instituto. Nesta ocasión presentaron "AldaoLado", un estupendo recital musical para todo o alumnado de 1º de Bacharelato, organizado polo EDLG. 
Ao longo da actuación puidemos coñecer un pouco máis da súa obra poética, que entre  acordes de guitarra, risos e sorrisos nos foron achegando. Mesmo conseguiron que entre tod@s @s presentes elaborasemos un fantástico poema colectivo. Desfrutamos moito do espectáculo e despedímonos até a próxima.






Aquí deixamos un vídeo que ilustra parte do vivido polos nosos e as nosas estudantes:



E para recordar algúns dos momentos estelares de antigos espectáculos, a súa MARABILLOSA explicación da colocación dos pronomes

Porque somos poetas... máis triste é roubar.

Queridas María Lado e Lucía Aldao, benvidas seredes sempre no IES Afonso X O Sabio.

viernes, 3 de noviembre de 2017

Asistencia ao Teatro Colón

O pasado martes 31 de outubro, todo o alumnado de 4ºESO tivo a oportunidade de asistir á representación do Don Juan Tenorio de Zorrilla, como marca a tradición, en véspera de todos os santos.


O alumnado estaba moi nervioso antes de empezar, moitos comentaban que xusto estaban estudando o Romanticismo en Literatura española...


Levamos a tantos rapaces que ocupabamos un lateral completo do Teatro, o alumnado calou xusto ao abrirse o telón.


A compañía Noite Bohemia representou varias escenas da inmortal obra de Zorrilla. Todos os estudantes aplaudían nestes intres e preguntaban algunhas cuestións do texto e da dramaturxia... Por qué se moven as estatuas?

Ao final, mentres desaloxaban o Teatro Colón puidemos comentar algúns aspectos da obra. Hoxe, en clase, incluso valoramos levemente as diferencias de final entre a obra de Zorrilla e algunhas revisións do mito precedentes. Na versión de Zorrilla, Doña Inés redime dos seus pecados ao Don Juan... pero noutras versións anteriores o final é algo diferente...queredes velo?



martes, 17 de octubre de 2017

Inicio dos ensaios de coro: BÚSCANSE CANTANTES


¿Queres participar no coro do instituto?


Ensaiamos os luns (primeiro recreo) e xoves (segundo recreo). E faremos excursións e concertos, ademáis de obradoiros con docentes expertos en dirección coral.
Non fai falla saber cantar, aprenderemos todas as persoas xuntas.

Comezamos este xoves, día 18 de outubro, no segundo recreo, na aula de música 1 (1ª planta).

lunes, 16 de octubre de 2017

Inicio de curso 2017-2018

No IES Afonso X O Sabio xa estamos inmersos nun novo curso académico e, polo tanto, xa iniciamos as novas actividades.
A semana pasada todo o alumnado de 2ºESO e o de 4ºESO (case 300 estudantes) foron ao teatro no Forum Metropolitano de A Coruña grazas á iniciativa do departamento de Lingua Galega e o Equipo de Normalización Lingüística. Próximamente irán outros cursos, así que comezamos con moitas ganas dentro do ámbito das artes escénicas.

Paralelamente, iniciaron as actividades do Obradoiro do teatro que imparte o noso compañeiro do departamento Administrativo Manolo Sánchez os mércores pola tarde.

Moitas grazas a ambas iniciativas que dan o pistoletazo de saída do novo curso escolar, que esperamos que sexa interesante, divertido e moi, pero moi participativo.

lunes, 17 de julio de 2017

Entrega de premios do Certame de artigos xornalísticos Carlos Casares

Na tarde do 6/06/2017 celebramos no noso IES Afonso X O Sabio un acto de homenaxe a Carlos Casares no seu ano das Letras Galegas. Organizado polo EDLG, a biblioteca "O bosque animado" e a Vicedireccion do centro, o acto contou coa presenza do Concelleiro de Deportes e a Concelleira de Educacion do Concello de Cambre e tamen de Pura Galan, Coordinadora dos Equipos de Dinamizacion da Lingua Galega. A ultima hora Hakan Casares excusou a sua ausencia por enfermidade.

Despois das palabras de presentacion e da semblanza de Carlos Casares realizada por Felix Rodriguez Sanjurjo, director do IES, convidouse aos presentes a contemplar as exposicions froito do traballo nos diferentes cursos sobre Carlos Casares e as suas obras, especialmente arredor da tematica ferroviaria cos trens elaborados polo alumnado de primeiro e segundo de ESO asi como o diorama que reproduce escenas literarias realizado polo profesor François Davo e tres alumnas de egundo de ESO que elaboraron o decorado.  Ademais a exposicion contou con traballos diversos de todo o alumnado sobre as suas obras infantis ou os seus artigos xornalisticos.

Asistimos seguidamente a proxeccion de varios videos elaborados polo alumnado de segundo de Bacharelato baseados en relatos de Vento Ferido, xa que se cumpren este ano 50 da sua publicacion. Previamente, alumnado de primeiro de ESO realizou a lectura de cada un dos relatos: "A rapaza do circo", "O outro veran", "Aparecera pola esquina" e  "O xogo da guerra". 

A continuacion entregaronse os premios do concurso de artigos xornalisticos Carlos Casares que consistiron en dous cheques agasallo da FNAC e dous lotes de libros agasallo da Fundacion Carlos Casares.

Para rematar, a actuacion do ilusionista Martin Camina coa obra de Carlos Casares como eixo tematico puxo punto final a nosa homenaxe a Carlos Casares polas Letras Galegas 2017.


viernes, 30 de junio de 2017

O alumnado de Cultura Científica anima o noso centro



No último trimestre, o departamento de Bioloxía realizou unha serie de actividades de cara a concienciar aos nosos rapaces e rapazas sobre diferentes aspectos da ecoloxía, medio ambiente e da divulgación.

Por unha parte, o alumnado de Cultura Científica (4ºESO) puido colaborar na exposición Real Expedición Filantrópica de la Vacuna, que estivo no noso centro durante a Semana Mundial da Inmunización, do 24 ao 30 de Abril. Nesta ocasión participaron como monitores (que explicaron a exposición ao alumnado de 1ºESO) o alumnado de Cultura Científica (4ºESO), no seu labor de transmisores de información de interese científico.






Por outra banda, o pasado 5 de xuño tivo lugar o acto de entrega de premios do XI Concurso Fotográfico organizado e convocado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os gañadores deste ano foron Álvaro Ces, de 4ºESO (1º premio) e Iena Fachal de 1ºESO (2º premio). A entrega de premios sempre a facemos o día 5 de xuño para conmemorar o día mundial do medio ambiente.

Por último, debemos recordar tamén o estupendo obradoiro de reciclaxe de papel que tivo lugar durante a primeira semana de xuño (tamén para recordar a importancia da reciclaxe para protexer o noso medio ambiente). Neste obradoiro participaron estudantes de diversos niveis (80) e, outra vez, os nosos divulgadores profesionais, o alumnado de 4ºESO de cultura científica, foron os monitores do alumnado máis pequeno. Algúns rapaces fixeron auténticas marabillas, que por suposto levaron para casa unha vez secas as súas láminas.... "Coas mans na pasta...de papel"


Moitas grazas ao profesorado de Bioloxía e Xeoloxía e ao seu alumnado por insistir no noso alumnado sobre a importancia da reciclaxe e do coidado do medio ambiente.

viernes, 16 de junio de 2017

Concerto aberto á comunidade educativa

Como parte das actividades de fin de curso, hoxe o departamento de Música organizou un concerto para toda a comunidade educativa no hall do noso instituto.

O concerto, no que participou alumnado de 2ºESO, 4ºESO e 1ºBacharelato, foi moi variado, destacando a variedade de instrumentos.

Esta xornada, que para o noso instituto é moi festiva, é só unha mostra do traballo que fan os rapaces e as rapazas en clase.

Agradecemos especialmente a implicación de pais, nais e, sobre todo, do noso alumnado, que axudou a montar e desmontar como auténticos músicos profesionais. Ademais de ensaiar duramente para prepararse para o día de hoxe.







Finalmente, queremos incidir tamén na nosa gratitude pola colaboración de Susana Vicente, a nosa xefa de estudos, quen non só é unha boa seguidora dos nosos concertos, senón tamén nos axuda sempre coa montaxe e desmontaxe.